Buxiganga 2013 en Lugo

 

Buxiganga 2013 en Lugo

Buxiganga é o proxecto de teatro que busca achegar a cultura e a lingua galega a todos os recunchos da provincia de Lugo. Os diferentes espectáculos recorrerán a provincia ata finais deste ano 2013.

buxiganga2013

Unha historia con pau

Coma onte, hoxe e sempre, quen xoga (segundo os expertos) é máis creativo e sociable. A sorpresa, a fantasía, a capacidade para crear e recrear mundos, obxectos e personaxes… Pero, a que xogan os nenos e as nenas de hoxe? Deixan os «robóticos» xoguetes modernos lugar para a creatividade e a imaxinación? Unha historia con pau, teatro dentro do teatro, retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, un pau que pode ser un cabalo, unha espada, unha frauta … mesmo unha buxaina, por que non? Unha homenaxe ás mentes emprendedoras, aos nenos e nenas de 3 a 100 anos (ou máis) que manteñen a habilidade de tecer os seus soños cos fíos da perseveranza.

20 de xullo | 19 horas

Praza Condes Fenosa de Portomarín 

Contos ben dispares

Chegan ás nosas vilas e aldeas uns personaxes moi peculiares: Afasio e Xeraldina. Trátanse de dous titiriteiros da época dos transmisores de romances e contos, que chegan dacabalo para ofrecernos historias que lles gustarán a grandes e pequenos. Un espectáculo cómico teatral con monicreques e grandes doses de humor apto para todos os públicos.

27 de xullo | 20 horas

Praia Fluvial San Clodio en Ribas de Sil

 

* Iremos ampliando a información sobre as vindeiras actuacións cando se acheguen as datas das mesmas. Podedes seguir a axenda na web de Buxiganga.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.