Axóuxeres dixitais 2012

Axóuxeres dixitais 2012

axouxeres2012Ademais dos Encontros dos Axóuxeres os nen@s maiores de 3 anos poden disfrutar dos Axóuxeres Dixitais. Nestes encontros  vivirán unha nova aventura con Pelouro, Roi, Moncho, Iria… e o resto de personaxes. Os Axóuxeres é un programa que busca manter a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles ás familias espazos de lecer na nosa lingua e ferramentas para aprender, cantar e xogar cos nen@s. Os Encontros dixitais son sesións de cine pensadas para nenos de 3 a 6 anos acompañados dos seus pais.

Dirixidos a: nen@s maiores de 3 anos

Inscrición: A entrada é gratuíta

As datas e lugares son os seguintes:

10 de novembro | Cambados – Auditorio da Xuventude | 12 horas

10 de novembro | Bueu – Centro Social do Mar | 18.30 horas

11 de novembro | Soutomaior – Multiúsos de Arcade | 12 horas

11 de novembro | Mos -Auditorio do Edificio Multiúsos As Pozas | 18.30 horas

17 de novembro | Cuntis – Centro Sociocultural de Xuvenil Xosé Raído Patelas | 12 horas

17 de novembro | Santiago – Centro Sociocultural do Ensanche | 18.30 horas

18 de novembro | Lalín –  Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa | 12 horas

18 de novembro | Silleda – Casa da Xuventude | 18.30 horas

24 de novembro | Foz – Casa da Cultura | 12 horas

24 de novembro | Burela – Auditorio da Casa da Cultura | 18.30 horas

25 de novembro | Ferrol – Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero | 18.30 horas

1 de decembro | Oroso – Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro | 12 horas

1 de decembro | Betanzos – Salón Azul do Edificio Liceo | 18.30 horas

2 de decembro | A Laracha – Casa da Cultura da Laracha | 12 horas

2 de decembro | Carral – Edificio Toñito Espiñeira | 18.30 horas

6 de decembro | Vilalba – Centro Cultural Recreativo | 18.30 horas

8 de decembro | Xinzo de Limia – Salón de Plenos da Casa do Concello | 12 horas

8 de decembro | Verín – Salón de Actos da Casa da Cultura | 18.30 horas

9 de decembro | A Merca – Casa da Cultura | 12 horas

9 de decembro | O Carballiño – Auditorio Municipal | 18.30 horas

Os Axóuxeres na TVG

Na TVG2 podedes disfrutar tamén do programa televisivo Os Axóuxeres, noque unha divertida familia de xoguete enredará cos nen@s para que se divirtan e aprendan a falar. Unha parte vai dirixida a bebés de 0 a 3 anos e outra para nen@s de 3 a 6.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.