Arde Lucus 2017

Lugo recorda a fundación da cidade recreando o seu pasado romano nunha nova edición de Arde Lucus. Do 30 de xuño ao 2 de xullo a cidade convértese en Lucus Augusti, destacada urbe de la Gallaecia romana, cun amplo programa de actividades: campamentos, recreacións históricas, música, espectáculos, xogos, circo… Cóntovos aquí o programa pensado para os nenos e nenas, Arde Miúdo, pero podedes consultar a programación completa na web ardelucus.com.

Foto: Alberto López. LaVozdeGalicia
ARDE MIÚDO
  • 30 de xuño
    • de 16.30 a 20.30 horas | Praza do Ferrol |  Lvdvs Lvcvs Xogos para nenos e nenas
    • de 17 a 18 horas | Macellvm | Ego Faciem Pintum
    • de 17.30 a 19.30 horas | Macellvm / Calella do Hospital | Xogos infantís Sente o Arde Lucus / Xabaril tragabolas / Castrexos vs Romanos / Fago o meu escudo
  • 1 de xullo
    • de 10 a 14 horas | Calella do hospital | Batalla romano-castrexa
    • de 11 a 14 horas e de 16.30 a 22.30 horas | Praza do Ferrol | Lvdvs Lvcvs Xogos para nenos e nenas
    • de 11.30 a 13.30 horas | Macellvm / Calella do hospital | Xogos infantís Sente o Miúdo / Lobo tragabolas / Oca romana
    • 12 horas | Macellvm | Gaela de Breana e a viaxe *para nenas/os a partir de 3 anos
    • 17 horas | Calella do hospital | A comedia da olla de Plauto Civitas Lucensis
    • de 17.30 a 19.30 horas | Macellvm / Calella do hospital | Obradoiros infantís Oca castrexa / Pescando con Neptuno / Pozo dos desexos
    • 18 horas | Calella do hospital Gaela de Breana e a viaxe *para nenas/os a partir de 3 anos
  • 2 de xullo
    • de 11 a 14 e de 16.30 a 22.30 horas | Praza do Ferrol | Lvdvs Lvcvs Xogos para nenos/as
    • de 11.30 a 13.30 horas | Macellvm / Calella do Hospital | Obradoiros infantís Carreira en cabaliños / Bolos castrexos /Discóbolo tolo
    • de 17.30 a 19.30 horas | Macellvm / Calella do Hospital | Obradoiros infantís Derriba ao Romano / Perdidos na muralla/ Pintando espadas

Para os espectáculos de Circo Romano e para o Circo Harpastvm é necesario reservar as entradas. O Circo Romano será na explanada do Pabellón dos Deportes e o prezo da entrada é de 3€ (podedes mercalas aquí) e para o  Harpastvm a entrada é gratuita (podedes reservala aquí)

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.