Arde Lucus 2013

Arde Lucus 2013

arde_lucusLugo volve un ano máis á época romana na celebración da duodécima edición do Arde Lucus. Dende o día 14 ao 16 de xuño poderedes participar nun amplo programa de actividades. Os espectáculos de gladiadores romanos chegados de Bérgamo que interacturán co público e a asociación cultural Tierraquemada de Numancia, son algunhas das novidades.  

Entre todas as actividades destaca o mercado Macellum de produtos típicos, espectáculos de teatro pola rúa, as vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfiles de tropas, as bacanais ou as loitas entre romanos e castrexos. Tamén haberá o clásico Circo Romano e o espectáculo de Heroes e Deuses…

Miúdo Arde

14 de maio

17 horas | Qui somnia. Solis et Venti. Animación para bebés de O a 3 anos

17.30 – 20.30 horas | Lvdis romanos e castrexos

18 horas | Pinturas castrexas

18.30 horas | Loita grecorromana

19 horas | Os cantos dos meniñeiros (infantil)

20 horas | Obradoiro de música

15 de maio

12.30 horas | As probas do druida

17 – 20 horas | Lvdis Romanos e castrexos

17.30 horas | Qui somnia. Mare et Lvna. Animación para bebés de O a 3 anos

18.30 horas | O teatro de Tespis (infantil)

19.30 horas | Obradoiros de moedas

20 horas | Arsdimicandi

16 de maio

11 horas | Lvdis romanos e castrexos

12 horas | Gymkana Bárbara familiar

13 horas | Cantos e lendas (teatro infantil)

17 – 20 horas | Obradoiros

17.30 horas | Escola de bardos

18.30 horas | Obradoiro de pinturas castrexas

Praza de San Marcos Como chegar

Podedes ver e descargar o programa completo na web de ARDE LUCUS.

Xa están á venda as entradas para o Circo Romano e o espectáculo Heroes e Deuses a un prezo de 2 euros. Podedes mercalas a través da WEB.

Escribe un comentario