Actividades na Biblioteca Nodal de Lugo

Obradoiros na Biblioteca Nodal de Lugo

obradoiros biblioteca lugoEste verán continúa as actividades de animación á lectura na Biblioteca Nodal de Lugo centradas en obradoiros creativos para os máis pequenos.

Iniciación á informática

Os martes e xoves de 11 a 12 horas na sala multiusos os nenos e nenas a partir de 6 anos poderán participar neste curso de iniciación á informática. Para asistir é necesario apuntarse na sala infantil.

Obradoiros

Os xoves deste mes de agosto de 12 a 13 horas os nenos poden participar en diferentes obradoiros para os que é necesario apuntarse previamente.

1 de agosto | Creamos con cartón o personaxe ao revés

8 de agosto | Un globo, dous globos, un mundo de animais

22 de agosto | Un mundo de monicreques de pau

29 de agosto | Un decorado de conto. Pop-art

Visitas guiadas

A biblioteca propón a actividade Ven a coñecernos para coñecer a biblioteca e os seus servizos. É necesario apuntarse na biblioteca ou chamar por teléfono para participar nas visitas os martes e xoves ás 12 horas.

 

BIBLIOTECA NODAL DE LUGO Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 982 221 157.

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.