Actividades na Biblioteca Nodal de Lugo

 

Actividades na Biblioteca Nodal de Lugo en xuño

Biblioteca Nodal de Lugo organiza para o mes de xuño sesións de animación á lectura con contacontos, música e obradoiros para fomentar a creatividade dos nen@s.

Obradoiro Xogando coa historia

xogando coa historia lugoCucarandainas propónnos neste obradoiro descubrir o mundo do imperio romano, dun xeito diferente: aprender xogando. Unha forma creativa e instrutiva, xa que fomenta de diferentes maneiras o desenvolvemento da comprensión espacial e a motricidade.

Dirixido a: nenos a partir de 4 anos

7 de xuño | 18 horas

Precisa inscrición previa na sala infantil 

Concerto Ouvirnos

ouvirnos lugoConcerto didáctico que presenta os diferentes instrumentos da cultura galega clasificados segundo o elemento que orixina o seu son. Unha viaxe sonora para afondar na orixe, evolución, construción, etc. de 25 instrumentos, acompañados de cantigas populares nas que os nenos poderán interactuar.

Dirixido a: nenos a partir de 6 anos

14 de xuño | 18 horas

Non é necesaria inscrición

Contacontos Sarabela

sarabela contacontos lugoContacontos engaiolados coas palabras é a intención desta contada que a través do xogo dramático implicará os nenos ata conseguir que aprenderán que cando se sintan aburridos poderán contar coa maxia do seu propio lapis invisible para viaxar polas historias.

Dirixido a: nenos a partir de 4 anos

21 de xuño | 18 horas

Non é necesaria inscrición

 

BIBLIOTECA NODAL DE LUGO Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 982 221 157.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.