A cantar con… A Gramola Gominola

Este Nadal poderes cantar e bailar rock, reggae ou ska, con A Gramola Gominola. Este grupo de rock infantil presenta unha actividade especialmente dirixida aos nenos e ás súas familias co rock and roll como eixo central, pero tamén explorando e mostrando diferentes estilos da música contemporánea: desde o reggae ás baladas heavies, pasando polo pop e o funk, o country, o blues ou o ska.

Coas súas letras en galego, esta proposta didáctica fala de valores como a amizade, a familia, a importancia de facer deporte e de levar unha alimentación saudable, o estudo, os xogos ou a natureza e os seus recursos.

Datas dos concertos:

  • 22 de decembro | 17 horas | Casa da Cultura de Olveira en Dumbría
  • 23 de decembro | 18 horas | Concello de Sarreaus
  • 26 de decembro | 18 horas | Auditorio Municipal de Muros
  • 27 de decembro | 19 horas | Concello de Laxe
  • 28 de decembro | 18 horas | Auditorio Municipal de Cangas
  • 29 de decembro | 11 horas | Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso
  • 29 de decembro | 19 horas | Auditorio Municipal de Burela
  • 2 de xaneiro | 12 horas | Centro Cultural Avenida da Rúa
  • 2 de xaneiro | 18.30 horas | Auditorio Ilduara de Celanova
  • 4 de xaneiro | 17 horas | Pavillón Municipal de Verín

 

GramolaGominola

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.