Xenerais do Ulla

Na comarca da Ulla celebran un entroido no que os xenerais e correos a cabalo son os protagonistas. Percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun exército de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

  • 5 de febreiro | 12.30 horas | Os xenerais realizarán o seu alto na Feira do Entroido de Fonte Díaz  en Touro
  • 6 de febreiro
    • 17.30 horas | Na praza da Feira de A Bandeira en Silleda
    • 18.30 horas | Campo da festa de Aríns (Santiago)
    • 20 horas | Campo da festa de Santa María de Teo e no campo da festa de Cacheiras (Teo
  • 7 de febreiro
    • 16.30 horas | Campo da festa de Piloño (Vila de Cruces)
    • 19 horas | Campo da festa de Couso (A Estrada), na carballeira do Souto de O Eixo (Santiago) e no campo da festa de Trobe (Vedra)
    • 19.30 horas | Campo da festa de Sergude (Boqueixón)
    • 20 horas | Campo da festa de Cacheiras (Teo)
  • 9 de febreiro
    • 16 horas | Campo da festa de Fao (Touro)
    • 19.30 horas |Entroido Municipal da Estrada
  • 13 de febreiro
    • 19 horas | Campo da festa de Arnois e Santales (A Estrada) e en San Xián de Sales (Vedra)
    • 20 horas | Campo da festa de Bamonde (Teo)
  • 14 de febreiro
    • 16 horas | Campo da festa de Salgueiros (Vila de Cruces)
    • 17 horas | XXXIII Festa da Filloa de Lestedo (Boqueixón
    • 19 horas | Campo da festa de Santeles (A Estrada)
    • 20 horas | Campo da festa de Vilariño (Teo)
  • 28 de febreiro
    • 17 horas | Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)

 

Podedes seguir todo o programa na web www.xeneraisdaulla.com

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.