Un musical en inglés…

Xa vos falamos do musical THE BEAUTY AND THE BEAST. Trátase dunha novidosa aposta teatral na que se unen idiomas, música e actuación…

Quixemos saber un pouquiño máis sobre este novidoso musical en inglés e preguntámoslle á produtora do espectáculo… Isto é o que nos contaron:

  • Que nos atoparemos neste musical?
  • O ocio familiar dá un novo xiro con esta proposta de teatro interactivo en inglés. THE BEAUTY AND THE BEAST, The Musical, é a aposta de Mundiartistas e a compañía You Are The Story para transformar as tardes de diversión en familia. Porque estudiar e aprender xa no son incompatibles.  Esta representación aúna todo o que uns pais poden buscar en calquera actividade para os seus fillos: teatro, idiomas, música, actuación…é a actividade máis integral. Nesta cita teatral integramente en inglés todo pode ocurrir porque o protagonista podes ser ti. Actores nativos dan vida a Bella e Bestia, pero en escea hai máis personaxes… Queres ser un deles? So tes que repasar o teu manual e subir ao escenario a disfrutar dunha experiencia única. E non te preocupes: Bella e Bestia guiaránte sobre as tablas e adecuarán o nivel á túa compresión para que todos podan sacar partido da representación.

 

  • Para que idades está recomendado?
  • O nivel de inglés adecuado para comprender esta representación está en torno a 4º de primaria, aínda que a decisión depende do nivel que teña cada neno… ou cada pai. Porque eles tamén poden poñer a proba os seus coñecementos.

 

  • Por que nos recomendades ir a velo?
  • Nesta inédita aventura encarnarás aos pintorescos habitantes do castelo e revivirás esta inolvidable historia de amor dende o punto de vista de Bestia. Poderás converterte no seu maiordomo Fred ou na súa criada Ava e axudarás a Bestia a conquistar a Bella e así romper a maldición. Por suposto interpretando en inglés. E como non, cantando as súas cancións…

 

  • Música + inglés no teatro… é importante incorporar outras maneiras de aprender inglés? Por que é necesario?
  • Trátase dunha aposta teatral que asimila o ocio e a diversión coa práctica dun idioma, algo que soe acotarse ao ámbito académico. Para conseguir que os nenos asimilen un idioma, non so deben aprender gramática ou vocabulario. Tamén deben circunscribilo a un feito cultural, neste caso o teatral de tal maneira que o incorporen á súa vida diaria, cotiá ou familiar. Só deste xeito poderán integrar na súa aprendizaxe outras linguas distintas á materna.

 

 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.