Touporroutou en Santiago

Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego, e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Touporroutou da lúa e do sol, unha nova versión do texto de Roberto Vidal Bolaño. Catro titiriteiros contan, axudados dos máis diversos elementos, historias sobre a orixe certa da lúa e o sol e dos días e as noites, do diluvio universal e de como acertar cos tesouros e tratar os mouros, as fadas e sobre todo as serpes e os xigantes que gardan os tesouros. E como, ao cabo, débese usar o mellor tesouro que é a imaxinación e que non hai ningún outro de máis mérito no Universo Mundo.

Dirixido a: público infantil e familiar

19 e 20 de outubro | 18 horas

Prezo: 10€

Entradas: á venta na taquilla do Salón Teatro

Salón Teatro en Santiago de Compostela Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.