O Fórum Metropolitano da Coruña énchese de teatro co ciclo Todo Público.
Se eu fose maior de Katarsis y Omar Álvarez
Todos os nenos, ata os máis pequenos, saben que ser maior é moito máis divertido que ser pequeno. Miguel é un neno ao que lle gusta xogar. Os pais de Miguel teñen reglas. A Miguel non lle gustan as reglas e imaxina todo o que podería facer sen estas normas impostas polos maiores. O espectáculo introduce voces que representan as figuras dos adultos e dos pensamentos do noso protagonista.
- Dirixida a: nenos maiores de 4 anos
- Duración: 55 minutos
- 28 de febreiro | 18.30 horas
- Entrada: 6€ – 15€ (abono familiar)
Una niña de La Rous Teatro
A partir dun conto do escritor aragonés Carlos Grassa Toro e con dirección da clown e pedagoga francesa Fanny Giraud, esta exquisita artista polifacética que é Rosa Díaz elaborou outra marabilla de espectáculo, cheo de sensibilidade, emoción e múltiples lecturas, capaz como en cada unha das súas montaxes de chegar directamente ao corazón.
- Dirixida a: nenos maiores de 5 anos
- Duración: 55 minutos
- 7 de marzo | 18.30 horas
- Entrada: 6€ – 15€ (abono familiar)
Kibubu de Marie de Jongh
Xebas e Cocó forman unha parella artística de paiasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretenden dar a campanada: un gorila de verdade, de carne e oso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañará o aplauso do público. Sen embargo, non é tanto o gorila quen vai a aprender desta experiencia; Xebas e Cocó van a aprender unha lección que xamáis olvidarán.
- Dirixida a: nenos maiores de 6 anos
- Duración: 50 minutos
- 20 de marzo | 18.30 horas
- Entrada: 6€ – 15€ (abono familiar)
Me duele el caparazón de Compañía Taat
Un espectáculo para revivir, con humor e tenrura os temores infantís entorno á medicina. Xógase co poder expresivo dos obxectos e a súa transformación en personaxes, e tamén coa música das palabras: a repetición, as tonadillas e a capacidade de acariciar coa voz.
- Dirixida a: nenos maiores de 3 anos
- Duración: 55 minutos
- 18 de abril | 18.30 horas
- Entrada: 6€ – 15€ (abono familiar)
FÓRUM METROPOLITANO da Coruña Como chegar