Todo me fala de ti de xira

Todo me fala de ti é o novo espectáculo posto en marcha polo programa de dinamización lingüística FalaRedes. Trátase dun concerto pensado para nenos e nenas de máis de 5 anos e as súas familias. Os músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro cantarán os textos do poeta Manuel María. Todo me fala de ti é un dos temas incluídos no libro disco Canta o cuco, da editorial Galaxia. Difundirán a obra do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas entre os máis pequenos.

  • Dirixido a: nenos maiores de 5 anos e familias
  • Duración: 50 minutos
  • Actividade de balde

 

cantaocuco

 

 

Próximos concertos:

  • 11 de xuño | 12.30 horas | Teatro Principal da Estrada
  • 11 de xuño | 18 horas | Auditorio Municipal de Cangas
  • 12 de xuño | 12 horas | Praza Pratería (en caso de chuvia Casa da Cultura) do Grove
  • 18 de xuño | 18 horas | Auditorio Municipal de Vilalba
  • 19 de xuño | 19.30 horas | Casa da Cultura de Burela

Escribe un comentario