Tita: nova estrea de Babaluva

Un espectáculo de teatro sobre a intelixencia emocional

Tita é a nova montaxe da compañía Teatro Babaluva. Trátase dun espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional, onde viaxaremos por un mar de emocións na vida de Tita. Dende un espectáculo con monicreques, teas, botellas plásticas, obxectos varios… coñeceremos da man das titiriteiras Mirari e Larraitz Urruzola, as causas do desacougo do personaxe de Tita e axudarémola para que saiba cómo actuar cando ten medo, ganas de chorar, ou cando está enfadada… para conseguir sobrepoñerse e recuperar o amor.

tita1

Tita, fala da viaxe dunha heroína que decide mirar para si, e descubrirá xunto cos espectadores, que cada emoción serve para algo, alerta sobre algo e nos fai reaccionar

Tita aprenderá a distinguir as emocións, a miralas de fronte, a saber que lle queren dicir. A non escondelas para non sufrir e a aceptalas como aliadas pois as emocións non son nin boas nin malas, están aí para algo, para informar. Só se as deixamos de lado se enquistan e nos bloquean. O medo serviralle a Tita para darse conta de que hai unha ameaza no ambiente e entón buscará estratexias para defenderse. A ira para poñer límites cando unha situación non é soportable. A tristeza para chorar unha perda e volver a recuperar a ledicia.

 

  • PRÓXIMAS DATAS:
    • ESTREA: 1 de outubro | 19 horas | Casa da Cultura de Outes
    • 22 de outubro | 18 horas | Praza Anxelmo Villar de Malpica
    • 23 de outubro | 18 horas | Casa da Cultura de Vimianzo
    • 9 de novembro | Concello de Coristanco
    • 27 de novembro | Concello de Ourense
    • 20 e 21 de decembro | Concello da Laracha
  • Dirixido a: nenos de 3 a 12 anos
  • Duración: 45 minutos

 

tita2

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.