Teatro no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

O vindeiro domingo día 17 de maio hai teatro no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa! Ademais de gozar do parque teredes nova oportunidade para gozar do teatro da man da compañía Teatro do Miolo. Con eles viaxaredes á Idade do Ferro a través da peculiar historia de amor entre Nabia, castrexa forte e aguerrida, e Caius Maximus, un romano moi namorado pero pouco bravo. Aceptará o gran xefe Reburrino que a súa filla case cun romano? Un relato cargado de bo humor no mellor dos escenarios: o castro de San Cibrao de Las.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 17 de maio | 18 horas
  • Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Amaro (Ourense) Como chegar
  • Para máis información podedes chamar ao 988 267 285 ou escribir a info@pacc.es.

 

Escribe un comentario