Teatro no Museo do Mar

O Museo do Mar de Galicia será escenario este sábado día 30 de novembro para a obra Babs da compañía Baobab Teatro. Trátase dun espectáculo no que viviredes unha experiencia máxica, tanto os bebés como as familias. Os máis pequenos da casa poderán gozar con divertidos e suaves personaxes, formas, cores e volúmenes diversos, nunha peza na que a tenrura é a protagonista.

Dirixido a: nenos de 1 a 6 anos

Duración: 40 minutos

30 de novembro | 18 horas

Entrada de balde ata completar o aforamento da sala

Museo do Mar de Galicia en Vigo Como chegar

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Mirade qué vídeo tan lindo!!



Escribe un comentario