Teatro, música e maxia en Santiago

En Santiago este mes poderedes disfrutar da maxia, do teatro e da música en familia.

A maxía do MAGO TETO

O espectáculo de maxia O afiador xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestros. Cun oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX e practicamente extinguido no século XXI, os afiadores desprazábanse centos de kilómetros coa única compaña da súa roda. As súas historias e aventuras, propias doutros tempos, son postas en escena coa axuda do ilusionismo polo mago Teto, quen emprega neste show elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas, paraugas…
  • Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
  • 17 de xaneiro | 18.30 horas
  • Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
  • Teatro Principal de Santiago

 

Manuel Hernández Silva e a Real Filharmonía de Galicia

O director Manuel Hernández Silva e a Real Filharmonía de Galicia achegarán a nenos e familias a obra do compositor Robert Schumann, un compositor que para moitos constitúe a máxima expresión da natureza do Romanticismo, sempre envolta entre o drama, a alegría e a paixón. A composición seleccionada de Schumann é a cuarta e última sinfonía, unha obra que supón a culminación da obra sinfónica dun dos grandes mestres románticos e da historia da música.

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • 24 de xaneiro | 18.30 horas
  • Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
  • Auditorio de Galicia en Santiago

 

Un Ramón de Mandarinas de Cía. Mundo Mandarina

Un Ramón de Mandarinas é a historia de como se coñeceron os pais de Mandarina. Mandarina ponse na pel das dúas personaxes e achéganos unha comedia na que a tenrura, o humor e o absurdo combínanse para emocionarnos, facernos rir e lembrarnos que non hai nada máis marabilloso e ridículo que estar namorados.

  • Dirixido a: para nenos a partir de 6 anos
  • 1 de febreiro | 18 horas
  • Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
  • Teatro Principal de Santiago

 

Contos e aventuras coa Banda Municipal

Moitos son os compositores que se sentiron atraídos por novelas e narracións ao longo da historia… Este programa centrado nas novelas de aventuras preparado pola Banda Municipal de Música cóntanos as peripecias de Aladdin, de Gulliver, de Tom Sawyer, de Huckelberry Finn, das personaxes imaxinadas por Hans Christian Andersen… vistas ao través das músicas orixinais escritas para banda por Nielsen, Hyldgaard, Appermont ou Cesarini… E todo isto contado dende a experiencia e a sensibilidade da escritora, actriz e narradora galega Paula Carballeira.

  • Dirixido a: para nenos a partir de 3 anos
  • 8 de febreiro | 12.30 horas
  • Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
  • Teatro Principal de Santiago

 

Conjuro co Mago Yunke

O mago Yunke chega por primeira vez a Santiago para presentar o seu Conjuro, un show elegante e espectacular, para todos os públicos, cheo de fantasía e ilusión… Yunke presenta un tipo de ilusionismo inédito en España no que calquera cousa é posible e que os espectadores tardan en olvidar: á mente cústalle crer o que os ollos poden chegar a ver…

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 28 de febreiro | 20 horas
  • Entrada: 15-18€
  • Auditorio ABANCA
¡Compártelo!
Artículo anteriorDisney Live! en A Coruña
Artículo siguienteTeatro en Ferrol

Escribe un comentario