Teatro infantil na Estrada

Esta primavera o teatro infantil e familiar chega ao Teatro Principal da Estrada.

Os tres porquiños de Educa Teatro Producións

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz na actualidade? Onde poderían atopar un lugar limpo e seguro no que construír o seu fogar? A resposta a estes interrogantes está nas mans dun explorador afeccionado aos contos, que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos.

  • Dirixido a: nenos de 2 a 8 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 29 de marzo | 19 horas
  • Prezo: 5€
  • Entradas: venda anticipada no Departamento de Cultura a partir do luns 24 de marzo ou na Xoguetería Tiko Doco da Estrada
  • Teatro Principal da Estrada

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

O soldadiño de chumbo de Baobab Teatro

A obra é unha historia de aventuras onde se enfrontan o poder, a inocencia e o amor. O conto relata a verdadeira historia do mal e é o amor, un amor verdadeiro e firme, e non exento de humor, que sae vencedor cun fermoso e explosivo final.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 5 de abril | 12.30 horas
  • Prezo: 3€
  • Entradas: venda en billeteira a partir das 12h
  • Teatro Principal da Estrada

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Chove de Titereficciós

O amparo dos paraugas, brincar nas pozas e charcos, o divertido da choiva… todo o que é causa dela e que tanto nos gusta: a herba, as árbores, flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes, etc. Dúas personaxes que ensinan ao público con xogos, bailes e enredos que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veña ou marche.

  • Dirixido a: bebés de 0 a 3 anos
  • Duración: 20 minutos
  • 3 de maio | 12.30 horas
  • Prezo: 3€
  • Entradas: venda en billeteira a partir das 12h
  • Museo do Moble e da Madeira

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

A maxia de Cayetano Lledó

Maxia musical, comedia, malabarismo de contacto, manipulación de cartas, mentalismo, hipnose, clown… o espectáculo de Cayetano é moito máis que un simple espectáculo de maxia, é teatro de variedades onde todo é posible e onde a interacción co público é a nota predominante.

  • Dirixido a: para todos os públicos
  • Duración: 60 minutos
  • 11 de maio | 19 horas
  • Prezo: 3€
  • Entradas: venda en billeteira a partir das 18h
  • Teatro Principal da Estrada

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Podedes consultar o programa cultural completo na web aestrada.com.

Teatro Principal da Estrada Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.