Teatro infantil na Coruña

O ciclo de teatro infantil Todo Público permitiranos disfrutar de novas obras de teatro dende este mes de outubro ata marzo de 2014. Contámosvos as máis próximas, de outubro e novembro…

Cenicienta y las zapatillas de cristal de Luna Teatro (Madrid)

Dúas mozas dramatizan con danzas, títeres, zapatos, vestidos e outros obxetos nunha suxerente versión do conto clásico de Perrault. Cinsenta é unha moza orfa á que lle gusta bailar. A súa madrasta e medio irmás trátana como unha serventa e obríganlle a realizar innumerables tarefas. Todas as noites, esgotada con tanto traballo, vaise a durmir soñando coa danza, a súa nai y unhas zapatillas de cristal.

Dirixida a: nenos maiores de 4 anos

26 de outubro | 19 horas

Duración: 45 minutos

Prezo: 6 € (abono 3 familiar – 15 €)

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Los animales de Don Baltasar de Teloncillo Teatro (Valladolid)

Adaptación teatral do conto Fábula de Beatriz Actis, conta a historia dun hombre que se atopa un gato que muxe, un can que maúlla, unha vaca que fai cua-cua e un pato que ladra. Un espectáculo sen palabras onde as onomatopeias, as imaxes e a música son protagonistas. Para pensar sobre a identidade, de quenes e cómo somos, mirándonos e mirando aos demais.

Dirixida a: nenos maiores de 3 anos

Duración: 50 minutos

9 de novembro | 19 horas

Prezo: 6 € (abono 3 familiar – 15 €)

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

La vuelta al mundo de Gorakada (País Vasco)

Unha marabillosa viaxe na que desafiamos a Fogg a dar a volta ao mundo en 60 minutos. Música en directo, marionetas e unha escenografía de maletas e baúles crean ambientes e atmosferas que nos transportarán a lugares exóticos viaxando en barco, elefante, dilixencia ou trineo. Unha fantástica aventura con bo humor e moita imaxinación para este percorrido arredor do mundo.

Dirixida a: nenos maiores de 6 anos

Duración: 60 minutos

30 de novembro | 19 horas

Prezo: 6 € (abono 3 familiar – 15 €)

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Entradas: á venta na taquilla da Praza de Ourense de luns a venres agás festivos, de 9.30 a 13h e de 16.30 a 19.30h (pagos en efectivo). Na taquilla do Fórum dende unha hora antes do espectáculo. Televenta no teléfono 902 504 500 ou a través de Servinova.

Auditorio do FÓRUM METROPOLITANO na Coruña Como chegar

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Escribe un comentario