Teatro infantil en Ourense

Este mes de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense poderedes disfrutar de divertidas obras dirixidas ao público infantil e familiar.

Ópera infantil: Caperucita Roja

O clásico conto de Charles Perrault chega a Ourense nunha nova versión para disfrutar en familia. É a historia da nena da capa vermella que levaba uns pasteis á súa avoa ao outro lado do bosque onde sempre anda axexando un lobo. Unha ópera familiar nunha versión divertida e pedagóxica.

Dirixida a: nenos de 4 a 12 años

12 de xaneiro | 18 horas

Prezo: desde 10€

Entradas: á venda en Servinova

[divider style=”dotted” height=”40px” ]
O Guiso

Ledicia e Papabola vivirán nunha cociña dentro do escenario dun teatro. Canso se prenden os focos e nas butacas hai xente, Ledicia é feliz. Aínda que a Papabola iso de facer unha función, non lle fai ninguna graza. Ledicia ten unha mascota moi feitiña que se chama Octavio e un vello oso de peluche que se chama Oso. Papabola é un larpeirón e o que lle gusta é comer, sobre todo carne de coello, que é moi rica e está chea de vitaminas, ademáis ten un monte de aparellos de cociña, gorro, delantal e un gran libro de receitas. E como Octavio é un coello, Papabola ten un plan: metelo na pota, guísalo e pápalo todo!… Con chícharos e patacas novas!… Que paparota!

Dirixida a: público infantil e familiar

19 de xaneiro | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venda en Servinova.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 988 391 290.

 

 

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorRoscón de Reis
Artículo siguienteCGAI Junior en A Coruña

Escribe un comentario