Teatro infantil en Narón

Martín Varela – Manifesto

Un espectáculo no que calquera espectador que pense ver unha representación de maxia convencional, verase sorprendido por unha posta en escena totalmente fresca, rompedora e sorprendente. Aparicións, desaparicións, transformacións e teletransportacións de persoas, seres mitolóxicos, animais e mesmo espectadores! Martín compartirá co público a súa visión da maxia, da beleza e da arte a través dunha viaxe cargada de imaxinación, creatividade e emoción.

 Dirixido a: todos os públicos

Duración: 90 minutos

17 de novembro | 20 horas

Prezo: 8€ (nenos e parados) – 10€ (o resto e 12€ o día do espectáculo)

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

La Vuelta al Mundo de Gorakada

Gorakada desafía a Fogg e facer a volta ao mundo en 60 minutos. Contan con música en directo, actores, títeres e unha escenografía a base de maletas para poder viaxar en ferrocarril, en barco ou en elefante. Baseándose en La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne, crean esta fantástica aventura con bo humor, imaxinación e cancións trasladando á escena o fascinante percorrido arredor do mundo.

Dirixido a: nenos a partir de 6 anos

Duración: 1 hora

24 de novembro | 18 horas

Prezo: 9€ e 5€ con Carné Xove ou de Estudante

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Cuentos del mundo con Ara Malikian Ensemble 

En todos os lugares do mundo hai cousas que lle pasan aos humanos, son cousas cotiás e marabillosas á vez. Son historias que, se as miramos cun microscopio, son xigantes e exemplares para os demais. Disto trata a historia, é un conto que pode suceder en calquera lugar do mundo, neste caso é Armenia. Un país onde as pedras rebentan pedras e as primeiras palabras das persoas cobraron son. Un lugar antigo e sabio. Onde o máis importante a diario é buscar a felicidade aínda que non se teña nada.

Dirixido a: público familiar

Duración: 1 hora

1 de decembro | 18 horas

Prezo: 10€ venta anticipada e 12€ o día do espectáculo

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 

Pazo da Cultura de Narón Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 102 897 ou visitar a web do Padroado da Cultura.

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.