Teatro infantil en Espacio Coruña

teatro é o protagonista este mes de maio no Centro Comercial Espacio Coruña. Contos, títeres e clown agárdanvos no centro comercial. As actividades son gratuitas os venres e os sábados a partir das 19 horas.

Los animaduendecantacuentos | 23 de maio | 19 horas

Os animaduendecantacuentos están de visita en Espacio Coruña e non deixarán indiferente a ninguén. Poderedes bailar cos seus orixinais xogos, cantar, saltar e disfrutar cos seus contos interactivos. As sorpresas e as risas están garantizadas!

Las aventuras de Elías y Asustón | 24 de maio | 19 horas

Elías tenlle medo a todo…  pero tanto, tanto medo, que o seu medo convértese nun xigantesco pantasma chamado Asustón. Para librarse de Asustón, Elías decide emprender unha viaxe polo mundo e enfrontarse aos seus medos. Durante a súa viaxe vivirá experiencias inesquecibles e coñecerá peculiares personaxes como La Poetisa Elisa, El Cantamañanas…

Tomasa ¿Qué te pasa? | 30 de maio | 19 horas

A profesora Tomasa intentará explicar aos nenos e á súa incorrixible alumna a Duende Cilla as partes que ten un libro, como se fai e moitas outras cousas… O que non sabe a profesora é que a nosa Duende Cilla está disposta a calquera cousa con tal de aprobar o seu exame de fomento á lectura. Bromas e conxuros, son so algúns exemplos da “destornillante” hora de clase que lle espera.

No sabes quién eres | 31 de maio | 19 horas

Clown interactivo onde o público forma parte do espectáculo, incluso algúns interpretando de forma improvisada a algúns personaxes no propio escenario. Pantomima, xogos, clown e moita interacción  son os elementos que farán pasar unha divertida e intensa tarde aos máis pequenos. Que difícil é ser feliz! Aínda que cun pouco de axuda por parte dos nenos o clown conseguirá entender o verdadeiro sentido da vida.

EC_mayo

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • Entrada gratuita
  • CENTRO COMERCIAL ESPACIO CORUÑA Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.