Teatro en Narón

Durante estos meses podréis disfrutar del teatro infantil en el Pazo da Cultura de Narón.

Kibubu de Marie de Jongh

Xebas e Cocó forman unha parella artística de paiasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende dar a badalada: un gorila de verdade, de carne e óso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañarán o aplauso do público. Non obstante, non é tanto o gorila quen vai aprender desta experiencia; Xebas e Cocó van aprender unha lección que xamais esquecerán. Un espectáculo sobre o respecto e a liberdade.

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 1 de febreiro | 19 horas
  • Entradas: 9,5€ e 6,65€ para abonados, Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) e desempregados

 

El Principito de Rababiero Promocións Art.

El principito é un clásico universal: todos o coñecemos, lémolo e gozámolo. É un deses poucos textos que podemos degustar sendo nenos ou adultos, porque nos tocará o corazón polas mesmas razóns, ou quizais por razóns diferentes. Nós quixemos iniciar aos máis pequenos nesta marabillosa historia a través dun conto visual.

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • Duración: 60 minutos
  • 8 de febreiro | 19 horas
  • Entradas: 5€

 

O último dragón de Sarabela Teatro

O dragón non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses  xa pasaran cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con él e cumprir así a tradición… Baixo unha estructura clásica, relendo e inspirándonos en autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, construimos unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos a princesa Celia, o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o noso dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fórmula ideal para relacionarse.

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • Duración: 50 minutos
  • 15 de marzo | 19 horas
  • Entradas: 9,5€ e 6,65€ para abonados, Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) e desempregados

 

Pazo da Cultura de Narón Como chegar

Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 391 144 ou á taquilla 981 102 897.

¡Compártelo!
Artículo anteriorO océano e Mimadriña
Artículo siguienteTeatro en Narón

Escribe un comentario