Teatro en Ferrol

Estes meses poderedes disfrutar de espectáculos infantís e familiares no Teatro Jofre de Ferrol.

Caperucita de Pupaclown

Unha nena vive coa súa nai preto do bosque, é alegre e divertida. Todo o mundo a quere moito. A súa avoa regaloulle un bonito vestido cunha carapucha vermella que sempre leva posta, dende entón todos a chaman Caperucita Roja. Un lobo malvado quérea comer e… ata aí se pode contar…

  • Dirixido a: nenos partir de 3 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 22 de febreiro | 18 horas
  • Entrada: 7€

 

A casa do avó de Tanxarina

Roberto recibe a noticia de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar una solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

  • Dirixido a: nenos partir de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 15 de marzo | 18 horas
  • Entrada: 5€

 

Martes de Baobab Teatro

Era unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes. Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa. Martes tenlle medo ao lobo, aos monstros, aos tronos… Martes teno medo a todo e por iso nunca saíu da lúa, dorme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar ás escuras. Martes naceu un martes de lúa chea. Un día un monstro come as súas estrelas e a Pin, o seu amigo…

  • Dirixido a: nenos de 2 a 7 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 12 de abril | 18 horas
  • Entrada: 5€

 


 

  • As entradas están á venda na web do Teatro Jofre: aquí.
  • Teatro Jofre en Ferrol Como chegar

Escribe un comentario