Teatro en Ferrol

Romeo y Julieta, una obra en construcción de Puro Grupo Teatro é o espectáculo que estará o sábado no Teatro Jofre de Ferrol. Conta a historia dun grupo de 25 actores arxentinos que representan ao seu país nun dos festivais de teatro máis importantes de toda América. O evento ten lugar nun plató de televisión e en directo para todos os países do continente. Dous actores enfróntanse ao reto de ter que representar sos unha montaxe prevista para 40 intérpretes porque os seus compañeiros, co vestiario e atrezzo, quedaron tirados na estrada por unha avería do bus que os transportaba. A partir de aí sucédense momentos divertidos resultado das inxeniosas solucións que ambos intérpretes porán en marcha para lograr representar a obra.

  • Dirixida a: público infantil e familiar
  • Duración: 60 minutos
  • 17 de xaneiro | 19 horas 
  • Entrada: 7€
  • Teatro Jofre de Ferrol Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.