Teatro en Arteixo

Arteixo continúa co programa Cultura en familia de teatro para gozar en familia.

Bon Apetit de Ghazafelhos

Tres chefs amosarán unhas sinxelas receitas de cociña ao público. Pero o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido, pode ser moi perigoso…Explosións, labazadas, persecucións, sustos, malos entendidos… ingredientes para unha comedia tola!

  • Dirixido a: nenos a partir de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 24 de xaneiro | 20 horas

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

El gallo de las veletas de La Canica

Neste espectáculo os monicreques e os obxectos toman vida para contarnos a historia dun galo que abandona o seu galiñeiro na busca dunha aventura e que no seu camiño descobre o mar, a montaña, a vida. Trátase dunha historia universal, a da procura da paz… a través da busca dun mesmo. Todo iso contado, actuado e manipulado por dúas das mellores monicrequeiras do noso país que sustentan un espectáculo moi poético cunha magnífica música que conquistará ao público.

  • Dirixido a: nenos de 4 a 10 anos
  • Duración: 45 minutos
  • 31 de xaneiro | 20 horas

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

Prezo: 3€

Centro Cívico Cultural en Arteixo Como chegar

 

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorSorteo de un Lupo Plot
Artículo siguienteTeatro en Arteixo

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.