Durante este mes de decembro poderedes disfrutar do teatro e da música en Santiago!
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
Os nenos, todos os nenos, entréganse, con máis entusiasmo, a inventar os seus recintos de realidade, dándolle voltas de parafuso ao real até construír o seu propio espazo verosímil, que aceptar un irreal alleo, alleante, ausente e decote ateigado de moralina. Hai unha maneira atroz de ser neno: non selo.
- Dirixido a: nenos a partir de 3 anos
- 13, 14, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro | 18 horas | Salón Teatro de Santiago
- Entrada: 3€
O Mesías de Haendel
A Real Filharmonía de Galicia e o coro da Capela Compostelana dirixidos polo director Edmon Colomer interpretarán fragmentos do Mesías de Haendel no Auditorio de Galicia.
- Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
- 13 de decembro | 18.30 horas | Auditorio de Galicia en Santiago
- Entrada: 5€ – entrada familiar 15€
Rumpelstikin, o anano saltarín de Trompicallo e Kalina Teatro
As compañías Kalina e Trompicallo unen as súas forzas para coproducir un clásico da tradición oral europea: a historia de Rumpelstikin. O conto desenvólvese nun momento no que a pobreza se apodera do pobo mentres os poderosos viven alleos a sufrimento das xentes, preocupándose unicamente de aumentar a súa riqueza. O muiñeiro, a súa filla, o rei e o anano Rumpelstikin son as principais personaxes dunha fábula que pasados os séculos aínda nos achega enriquecedoras mensaxes.
- Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
- 14 de decembro | 18.30 horas | Auditorio ABANCA
- Entrada: 5€ / entrada familiar: 4×3 (15€)
La vuelta al mundo de Gorakada
Baseándose en La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne, a compañía de teatro Gorakada crea esta fantástica aventura con bo humor, imaxinación e cancións en directo. Gorakada traslada ao escenario dun teatro o fascinante percorrido arredor do mundo de Phileas Fogg. Desafiando ao cabaleiro e aventureiro inglés faremos a súa viaxe en 60 minutos, os que dura este espectáculo con música en directo, actores, marionetas e unha escenografía a base de maletas que nos permita poder viaxar en ferrocarril, barco ou elefante.
- Dirixido a: nenos a partir de 5 anos
- 21 de decembro | 12.30 horas | Teatro Principal de Santiago
- Entrada: 8-10€
Potted
Potted é un espectáculo único e orixinal baseado na investigación do espazo, os obxectos, as estructuras e o ritmo. Por medio de disciplinas circenses, Potted crea unha comunicación directa e cargada de grande impacto visual co espectador. Potted é unha achega ambiciosa e diferente que busca os puntos comúns entre a harmonía escultórica e o caos, o estático e o dinámico, o artificial e o orgánico, a gravedad e a ingravidez…
- Dirixido a: nenos a partir de 4 anos
- 26 de decembro | 19 horas | Teatro Principal de Santiago
- Entrada: 6-8€
El bosque de Grimm
Inspirado nos contos clásicos, El bosque de Grimm é unha versión contemporánea de relatos como Caparuchiña vermella, Polgarciño ou Brancaneves. El bosque de Grimm é un espectáculo visual, sen texto, contado a través da música do coñecido compositor francés Maurice Ravel e que mereceu galardóns como o Premio Max 2014 ao mellor espectáculo infantil.
- Dirixido a: todos os públicos
- 29 de decembro | 19 horas | Teatro Principal de Santiago
- Entrada: 6-8€