Teatro e música en Ourense

A programación infantil volve ao Teatro Principal de Ourense este último trimestre do ano. Aquí vos contamos as obras e espectáculos para os meses de outubro e novembro… Ábrese o telón!

TICS de Son+d2

Trátase dunha viaxe desde o inicio dos primeiros ritmos nos tempos ancestrais, ata a actualidade, onde internet e as novas tecnoloxías, continúan e ser a canle para unha das expresións culturais e formas de comunicación máis universais: a música.

Dirixido a: nenos a partir de 6 anos

Duración: 60 minutos

20 de outubro | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venta en Servinova ou na billeteira do Auditorio dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Ensalada de instrumentos  de Os Tres Tenedores

Espectáculo innovador de teatro, música e humor onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo… ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal.

Dirixido a: nenos a partir de 5 anos

Duración: 60 minutos

27 de outubro | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venta en Servinova ou na billeteira do Auditorio dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O soldadino de chumbo de  Baobab Teatro

Unha historia de aventuras onde se enfrontan o poder, a inocencia e o amor. Este conto relata a verdadeira historia do mal e un amor verdadeiro, firme e non exento de humor que sae vencedor cun fermoso e explosivo final.

Dirixido a: nenos a partir de 4 anos

Duración: 60 minutos

3 de novembro | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venta en Servinova ou na billeteira do Auditorio dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

A divertirse con Cantajuegos

Budy, o esquío cotilla , convocou os Cantajuegos e os seus amigos, Coco, Pepe, A galiña Turuleca e a Pulga aventureira, a reunirse nunha antiga casa, na que ían xogar de pequenos. Alí atoparémonos coa habitación dos soños, que transforma os desexos en realidade. Durante moitos anos, a chave desta máxica habitación estivo perdida e será a pulga nas súas viaxes quen intentará recuperala… con música, baile, xogo, humor e fantasía.

Dirixido a: público infantil

Duración: 90 minutos

9 de novembro | 16.30 e 19 horas

Prezo: desde 20€

Entradas: á venta en Servinova ou na billeteira do Auditorio dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O Kikirixote, aventuras e desventuras dun galo de curral con Monicreques de Kukas

Partindo de Don Quixote como elemento transgresor e inconformista co tempo que lle tocou vivir, xorde o Kikirixote que non quere ser menos e non deixa de ser un chisco unha caricatura do seu referente clásico.

Dirixido a: nenos a partir de 8 anos

Duración: 60 minutos

10 de novembro | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venta en Servinova ou na billeteira do Auditorio dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

O príncipe e o parrulo de Eme2 emoción&arte

Esta é unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 55 minutos

17 de novembro | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venta en Servinova ou na billeteira do Auditorio dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Ilusionante con Pedro Volta

A través dunha caixa na que garda xoguetes e obxectos da súa infancia, vai levando o espectador a unmundo de fantasía, facendo números de maxia ao mesmo tempo que conta historias fantásticas.

Dirixido a: nenos a partir de 3 anos

Duración: 75 minutos

24 de novembro | 12 horas

Prezo: 3€

Entradas: á venta en Servinova ou na billeteira do Auditorio dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

TEATRO PRINCIPAL de Ourense Como chegar

Podedes consultar a programación completa dste trimestre neste PDF.

 

 

Escribe un comentario