Teatro e música en Ourense

Volve a programación infantil e familiar ao Auditorio Municipal de Ourense.

 

MOBY DICK de Eme Dous

Ismael embárcase no Pequod barco ballenero ao mando do capitán Akab. Durante a súa viaxe, goza dos praceres da vida no mar, fai amigos e, aprende a recoñecer aos distintos tipos de baleas. Con todo, o obsesivo desexo de vinganza do Capitán Akab contra Moby Dick a balea branca, conducirá ao Pequod e á tripulación á desgraza.

  • Dirixida a: nenos maiores de 6 anos
  • 31 de xaneiro | 12 horas
  • Entradas: 3€. Na web www.ataquilla.com, ou na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes do comezo da función

 

A ALFOMBRA MÁXICA de Babaluva

Un lugar libre de experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver… Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo. Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

  • Dirixida a: bebés ata 3 anos
  • 5 de febreiro | 18 horas
  • Entradas: 3€. Na web www.ataquilla.com, ou na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes do comezo da función

 

PINOCCHIO de La Baldufa

Pinocchio, desobediente, verase inmerso en diversas aventuras, que lle farán crecer e madurar como persoa ata rematar extenuado e, practicamente, cun final sorprendente. Esta, é unha interpretación que La Baldufa fai dun texto orixinal de Carlo Collodi.

  • Dirixida a: nenos maiores de 6 anos
  • 7 de febreiro | 12 horas
  • Entradas: 3€. Na web www.ataquilla.com, ou na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes do comezo da función

 

XOGA de Entremáns

Xoga es un espectáculo para descubrir como eres y saber de que estás hecho. Un encuentro didáctico que conjuga espacio escénico, audiovisual, música y danza. Diversión, unión y espectáculo. Un viaje desde la imaginación al conocimiento.

  • Dirixida a: nenos maiores de 3 anos
  • 14 de febreiro | 12 horas
  • Entradas: 5€. Na web www.ataquilla.com, ou na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes do comezo da función

 

25 ANOS DE TOLEXAMÍAS con Mago Teto

El Mago Teto saca de la manga un montaje con ilusiones que causaron mayor impacto al público de los diferentes producidos desde entonces hasta el día de hoy: «La magia de los sueños», «Cerca de tí», «Tolemaxias», «La magia de la Santa Compaña», «El afilador», «Nuevas Tolemaxias», «Los años 80», y «La feria mágica».

  • Dirixida a: nenos maiores de 5 anos
  • 21 de febreiro | 12 horas
  • Entradas: 3€. Na web www.ataquilla.com, ou na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes do comezo da función

 

SONS MIÚDOS

Sons miúdos quere facer evidente a gran riqueza do panorama musical galego infantil a través dun espectáculo que consegue reunir enriba dun mesmo escenario os máis importantes músicos e cantantes destes grupos galegos.

  • Dirixida a: nenos maiores de 3 anos
  • 28 de febreiro | 12 horas
  • Entradas: 5€. Á venda no teléfono de Ataquilla: 902 504 500, nas billeteiras do Auditorio (dúas horas antes do comezo do espectáculo) e na Sede de Afundación, na Praza Maior de luns a venres de 9 a 14 horas e de 17.30 a 20.30 horas, e sábados e domingos de 12 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas)

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.