Teatro infantil en Vigo

Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolle durante este trimestre novos espectáculos para nenos e familias! Este mes de decembro poderedes disfrutar de:

Alegría, palabra de Gloria Fuertes de Teatro de Malta

Doña Pito Piturra e o señor Antropelli, traballadores do antigo circo Cocodrilo, viven rodeados de contos e poemas de Gloria fuertes. Non teñen outra cousa, e, ademais, cren ser ela. Ambos cren ser a poeta. O intento de cada un deles por convencer ao otro do seu error, dá lugar a unha serie de xogos e esceas inspiradas nos contos de Gloria nos que interpretan a outros personaxes creados pola autora madrileña, e nos que , por suposto, se expresan a través da súa poesía.

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • Duración: 55 minutos
  • 7 de decembro | 18 horas
  • Entrada: 5€ – 3€ para menores de 12 anos

 

Gúlliver en el país de Liliput de Centre de Títelles de Lleida

Gúlliver, soña sempre en facerse á mar e converterse en capitán de goleta. Ao medrar, poderá vivir a súa primeira aventura que o levará a naufragar e caer prisioneiro dos habitantes de Liliput. Naquel mundo, Gúlliver é un xigante e os liliputienses están moi asustados. El consegue gañar a súa confianza e amizade convertíndose no heroe do pobo. Coa súa valentía consegue acabar coas disputas e as guerras entre Liliput e Belfuscú e instaura a concordia e a colaboración entre os dous países. Os títeres e as cancións son os principais elementos desta narrativa dramática.

  • Dirixido a: nenos maiores de 6 anos
  • Duración: 50 minutos
  • 14 de decembro | 18 horas
  • Entrada: 5€ – 3€ para menores de 12 anos

 

El cuento de la lechera de Xip Xap Teatro

El cuento de la lechera é un espectáculo de marionetas con música en directo e dous titiriteiros que nos explican o conto dun xeito moi divertido e entretido. Ide preparando a voz para cantar moitas cancións!

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 21 de decembro | 18 horas
  • Entrada: 5€ – 3€ para menores de 12 anos

 

Auditorio Municipal Concello de Vigo Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.