Té, chocolate, café con Golfiños

Té, chocolate, café,

para Xosé que está malo de un pé, pé, pé.

 

Así comeza unha das cancións do libro de Golfiños. Esta semana está sendo a nosa banda sonora e dende que os coñecimos non podemos parar de tararear esta cantiga… O libro CD que acaban de editar son catorce cantigas nas que viviredes as aventuras dun peixe moi mentireiro, da bruxa Brita, de Rosiña e poderedes xogar ás adiviñas… É un conto para nenos de cero a seis anos con lindas ilustracións infantís.

 

te chocolate e cafe

 

Conto, debuxos e música para sentir, acariciar, descubrir, bailar, cantar… un libro CD que a nós xa nos ten enganchadas, pola súa dozura, tenrura e alegría que desprende cada páxina, cada cantiga.

Golfiños ten dous espectáculos de teatro musical nos que poderedes disfrutar das cancións do seu traballo en directo, acompañadas de coreografias moi divertidas e onde os pequenos e pequenas son os protagonistas.

golfiños

Ademáis este libro CD está á venda en diferentes librerías. Podedes ver os puntos de venda na súa páxina web: www.golfofedellos.com.

 

 

Escribe un comentario