Talleres para familias na Barrié Vigo

Historias de la Historia é un proxecto educativo da Fundación Barrié de Vigo que traballa coa idea de construír, imaxinar ou conformar distintas historias da Historia, que nunca é exactamente igual a como nola contaron. Poderedes participar en talleres para familias e nos talleres interxeracionais. Ademais a Fundación tamén organiza actividades para centros escolares e para colectivos con diversidade funcional.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Talleres para familias

Pequenos e maiores poderedes adentraros na exposición para descubrir como as imaxes dispostas no espazo poden remitirnos á creación e transformación do noso planeta, recordándonos que as cousas non foron sempre tal e como as coñecemos, senón que se encontran en constante cambio.

No taller, inspirándovos na teoría do Big Bang como motor de explosión de ideas, lanzarédesvos á busca de ideas sobre o futuro e de como vos gustaría construílo. Botando man dos obxectos cotiáns que estarán dispoñibles no espazo de traballo da Fundación, pensaredes en posibles usos destes máis alá do que estes son, coa finalidade de inventar novos xogos en torno a eles e reflexionar sobre como eses cambios poden levar a cabo transformacións que sexan sostibles na nosa vida diaria.

Dirixidos a: nenos a partir de 4 anos acompañados dalgún adulto

Duración: 90 minutos

Sábados e domingos alternos | de 12 a 13.30 horas e de 18 a 19.30 horas

Precísase reservar previamente no teléfono 986 110 220, de martes a venres de 12 a 14h e de 18 a 21h.

 [divider style=”dotted” height=”40px” ]

Talleres participativos interxeracionais

Dirixidos a: persoas de 0 a 100 anos

Duración: 90 minutos

Precísase reservar previamente no teléfono 986 110 220, de martes a venres de 12 a 14h e de 18 a 21h.

 

Fundación Barrié en Vigo Como chegar

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.