Talleres para familias na Barrié A Coruña

A Fundación Barrié da Coruña propón un programa educativo paralelo á exposición Rafael Moneo. Unha Reflexión Teórica dende a Profesión. Materiais de arquivo (1961-2013). Trátase da primeira retrospectiva do grande arquitecto navarro e os obxectivos destas actividades son achegar aos participantes ás principais obras de Moneo e á súa concepción da arquitectura de modo claro e ameno e fomentar a comprensión da linguaxe arquitectónica por parte dos diversos públicos. Os talleres buscan ademais xerar unha conciencia crítica sobre a importancia da arquitectura dende unha perspectiva social.

 [divider style=”dotted” height=”40px” ]

Talleres didácticos para familias

Os talleres para familias son unha oportunidade para que grandes e pequenos se acheguen á obra de Rafael Moneo.

Sábados

A visita dos sábados centraráse no proceso de creación dun proxecto arquitectónico, analizando a través das obras de Moneo as distintas fases que van dende a experimentación con volumes e o debuxo ata o resultado final. Os participantes construirán unha fachada dunha edificación experimentando cos volumes e as formas.
A continuación, copiaráse o resultado nunha cuadrícula a tamaño real. A forma resultante pegaráse en cartolina e decoraráse ao gusto dos participantes, que se levarán á casa un deseño arquitectónico propio.

Domingos

Nesta segunda sesión do taller de familias a visita ás salas centraráse na faceta máis humana da arquitectura, valorando a súa importancia nas nosas vidas e deténdonos especialmente nos interiores das obras de Moneo. As distintas funcións das arquitecturas será outro dos temas a abordar, sempre a través da variada obra do artista. Na actividade práctica os participantes deberán crear un edificio partindo de dúas pranchas de cartón de gran tamaño, experimentando coa planta, a forma, e mesmo as funcións ás que iría destinada a súa obra.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Dirixidos a: nenos a partir de 4 anos acompañados dalgún adulto

Duración: 90 minutos

Sábados e domingos alternos | de 12 a 13.30 horas e de 18 a 19.30 horas

É preciso reservar previamente no teléfono 981 060 095 de martes a venres de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.

Podedes consultar máis información das visitas e sobre as visitas escolares neste PDF (AQUÍ)

FUNDACIÓN BARRIÉ A Coruña Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.