Talleres NENOOS no Burgo

O centro NENOOS O Burgo celebra o comezo do curso organizando actividades e talleres gratuitos para nenos de 3 a 13 anos. Estes xogos, achegarán, tanto a pais e nais como aos máis pequenos, ao método para aprender xogando que imparte NENOOS nos seus centros e tamén nos colexios como actividade extraescolar.

Ábaco, Brain Gym, tangram, Lupo e outros xogos intelixentes combínanse para que os nenos aprendan a aprender, fomenten a lectura, a intelixencia e concentración e desenvolvan valores como o trabajo en equipo.

  • 12 de setembro | 17 – 18 e 19 horas | Centro NENOOS O Burgo – Como chegar 
  • 13 de setembro | 17 horasCentro Comercial The Style Outlets (Culleredo) – Como chegar

* Como as prazas son limitadas, aconséllase inscrición previa a través do mail oburgo@nenoos.es ou no teléfono 981 924 702.

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.