Este verán poderedes disfrutar cos nenos no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología da Coruña. Ciencialandia son actividades e talleres para disfrutar da ciencia de forma lúdica e interactiva durante os meses de verán. Durante agosto e setembro de martes a venres ás 13 horas e ás 18.30 horas poderedes participar en diferentes actividades.
Iránse intercalando as seguintes actividades:
- Entre pompas anda o xogo: é un taller científico no que coñecerán as características físicas das pompas de xabón. Os participantes elaborarán a súa propia fórmula de xabón e comprobarán como o cambio na proporción dos ingredientes (glicerina, lavalouza, auga…) afecta á durabilidade e elasticidade das pompas. Tamén fabricarán os seus propios pomperos e sairán á praza a probalos.
- Voando vou: este taller desenvólvese na sala Iberia. Falarán do principio de sustentación que fai voar aos avións, así como doutros conceptos relacionados coa aerodinámica: que é a resistencia do aire?, con que material se fabrican as ás dos avións?, que características ten que ter un obxecto para poder voar? como funcionan os motores a reacción dos avións?… Ao finalizar o taller fabricarán un paracaídas ou un papaventos que intentarán facer voar.
- Radiocontrol: neste taller coñecerán unha pequena introdución sobre o que é un control remoto: quen o inventou? como funciona? que tipos de control remoto existen? Despois, os participantes poderán competir con tres coches a control remoto utilizando un circuíto.
- Dirixido a: nenos de 4 a 12 anos
- De martes a xoves | 13 e 18.30 horas | Agosto e setembro
- Duración: 1 hora
- Para máis información podedes chamar ao teléfono 900 100 134
- Actividade gratuita
- MUNCYT na Coruña Como chegar