Talleres e música en Langstrump

Comezan nova temporada de actividades e talleres en Langstrump! Tal e como eles explican son talleres nos que ensinan, emocionan, cuestionan, comparten, aprenden… son moito máis que un simple taller! Aínda que están programando o mes de outubro, xa podedes anotar estas citas na axenda:

Explorando la música con Félix Arias

Volve Felix Arias! Explorando la música é un taller para nenos e nenas ata 3 anos no que Felix ensina a educar o oído, a sentir ritmos, compás, silencios…

  • Dirixido a: nenos de ata 3 anos acompañados
  • 4 de outubro | 11.30 horas
  • Prezo: 6€ (neno + adulto)
  • Para asistir é necesario reservar praza

 


Despierta Langstrump: exploramos el mundo

Desperta Langstrump! É a forma de ensinar a ser exploradores do mundo e do cotián, por medio de actividades que deseñan para que os nenos aprendan, experimenten, descubran, disfruten. En outubro América á vista! Os exploradores cruzarán o Atlántico e vivirán experiencias e experimentos, cociña, xogo…

  • 11 de outubro | de 11 a 13 horas **para nenos de 3 a 7 anos
  • 25 de outubro | de 11 a 13 horas **para nenos a partir de 7 anos
  • Prezo: 12€  (9€ Langstrump family)
  • Para asistir é necesario reservar praza

 


 

Para máis información e para reservar praza podedes chamar ao teléfono 881 918 770 ou escribir ao mail hola@langstrump.es,

LANGSTRUMP na Coruña Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.