Talleres de verán en Bueu

O espazo LoboCoxo de Bueu organiza obradoiros infantís a partir do próximo mes de xullo, en horario matinal, para animar aos a seguir activos durante o verán, participando en actividades lúdicas que contribúan a estimular a súa imaxinación. Ilustración, plástica, escrita creativa e animación á lectura son as sesións que impartirán a narradora Olalla González e o ilustrador Marc Taeger.

Este verán xogamos coa arte e coas palabras

Os luns realizaranse os obradoiros de ilustración, recomendados para público infantil de 3 a 10 anos. A arte, os pintores e as súas técnicas centrarán estas sesións, nas que os nenos e as nenas poderán achegarse a figuras destacadas do panorama artístico, coñecer as súas obras máis emblemáticas e imitar o seu estilo creando debuxos propios.

Para os mércores están programados os obradoiros de plástica, dirixidos a nenos e a nenas de 5 a 12 anos. Consistirán na elaboración de cabezudos que se poderán estrear con motivo do Entroido de Verán: animais, personaxes de conto ou seres fantásticos converteranse en orixinais máscaras utilizando materiais de reciclaxe e pinturas.

Os rapaces e rapazas de 7 a 12 anos con inquedanzas literarias poderán darlle renda solta á súa creatividade nos obradoiros de animación á escrita que se celebrarán os xoves. Partindo dos contos e xogando cos obxectos e coas palabras, os alumnos e alumnas desta actividade serán quen de inventar as súas propias historias.

Sen esquecer o papel fundamental dos libros na educación e na formación dos máis pequenos, os venres realizaranse obradoiros de animación á lectura, para público de 3 a 10 anos de idade. Os contos e os xogos serán os eixes centrais destas sesións, nas que se practicarán técnicas de comprensión lectora, memorización e iniciación ao teatro.

  • Dirixido a: nenos e nenas a partir de 3 anos
  • Luns, mércores, xoves e venres | de 11 a 13 horas
  • Prezo: 5€ por día   *as prazas son limitadas
  • Inscrición: a través do correo electrónico lobocoxo@gmail.com. O prezo de cada actividade é de
  • Para máis información podedes chamar ao teléfono 606 154 633.
  • LOBOCOXO en Buen Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.