Talleres de verán no MARCO

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo organiza para este mes de xullo obradoiros de verán para os máis pequenos. Os obradoiros céntranse na exposición ‘Eidos da Imaxe’. As obras de artistas e científicos presentes nesta mostra serven como punto de partida para descubrimentos e experiencias relacionados coa percepción e a construción de imaxes, de forma individual e en grupo. As visitas ás salas de exposición combínanse con divertidos xogos e actividades no Laboratorio das Artes, convertido en lugar de investigación e creación.

 

  • Dirixidos a: nenos a partir de 3 anos *sós ou acompañados de persoas adultas
  • Do 8 de xullo ao 1 de agosto | de martes a venres de 12 a 14 horas
  • Entrada libre e gratuíta ata completar o aforo
  • Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 113 900.
  • Museo de Arte Contemporánea de Vigo Como chegar

 

 

 

 

Escribe un comentario