Talleres de lecer no CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle os talleres de lecer. Son actividades que propoñen un achegamento, baseado na experimentación, ás diferentes manifestacións artísticas contemporáneas. Cada proposta está pensada para que os nenos afonden na creación contemporánea e gocen con ela, vivíndoa. Coñecer a linguaxe e as múltiples ferramentas que se poden empregar na arte contemporánea é fundamental para ampliar a visión do mundo en que vivimos e coñecer novas canles de expresión.

 
 

Taller audiovisual Fóra de campo | do 15 ao 18 de xullo | de 11 a 13 horas   *para maiores de 14 anos

Consumimos e producimos moitas imaxes diariamente, pero boa parte delas quedan esquecidas de contado. Neste taller poderás aprender o proceso de traballo co son para narrar a partir de imaxes, crear relacións e/ou pequenos relatos audiovisuais. Se queres, podes traer algún aparello que che permita filmar en vídeo (móbil, cámara dixital…) ou ben algún arquivo con material xa gravado. Se tes curiosidade por coñecer como funcionan as relacións entre a imaxe e o son, poderás visitar a exposición de Diego Santomé no CGAC e coñecer, na compañía do artista, a súa produción máis recente. Dirixido polo artista Diego Santomé.


Taller de arquitectura 2 en 1  | do 21 ao 24 de xullo | de 11 a 13 horas    *para nenos de 10 a 12 anos

2 en 1 é un laboratorio de ideas e xogo a través do cal poderás explorar as características arquitectónicas do CGAC e o Museo do Pobo Galego, facendo unha viaxe pola historia a través dos seus espazos, os xardíns, os patios e as fachadas. Co sistema de construción LUPO, descubrirás os segredos que agochan estes edificios, as diferentes vidas e usos que tiveron, mergullándote na súa historia a través dun proxecto propio cheo de sorpresas. Dirixido polo arquitecto Fermín Blanco.


Taller de animación con Playmobil Claqueta 1 | do 29 de xullo ao 1 de agosto | de 11 a 13 horas    *para nenos de 7 a 9 anos

Que hai detrás dos debuxos animados? Se queres sabelo e coñecer aspectos básicos da animación que che permitirán facer as túas propias creacións, neste taller poderás aprender a facer unha película animada cuns protagonistas excepcionais: os Playmobil. Con estes personaxes, terás que construír a túa propia historia e crear para ela os escenarios axeitados. A técnica do stop motion permitirache mover os protagonistas e darlle vida ao teu guión. Dirixido pola animadora audiovisual Raquel Ramos.


Taller Pequenos artistas no CGAC: xogando, experimentando e creando | do 5 ao 8 de agosto | de 11 a 13 hors | para nenos de 4 a 6 anos

Ideas, diferentes tipos de personaxes, xogos, e moita imaxinación. Este taller, dirixido aos máis pequenos, quere favorecer a aproximación dos máis novos á arte contemporánea que se amosa nas salas do CGAC. Fomentando a observación e o espírito crítico, os nenos e nenas poderán experimentar con texturas, volumes, etc. e elaborar un autorretrato-carpeta coa técnica da estampación. Dirixido por Patricia Núñez e Natalia Lampón.

 
 

Inscrición: todos os talleres son gratuítos. As solicitudes de inscrición poderán presentarse a partir do martes 8 de xullo de 10 a 14horas chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos (981 546 602 / 623) ou a través do enderezo electrónico cgac.educacion@xunta.es.

 

Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago Como chegar

 
 
 

¡Compártelo!
Artículo anteriorAugalingua 2014
Artículo siguienteTalleres en el CGAC

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.