Talleres de arquitectura na Fundación Luis Seoane

Comeza o terceiro e último trimestre dos talleres infantís de arquitectura co Sistema Lupo na Fundación Luis Seoane da Coruña. Son talleres que se desenvolverán as mañás dos sábados en horario de 11.30 a 14 horas, neste segundo trimestre desde o 11 de abril ao 13 de xuño. O taller incluirá unha serie de contidos nos que a arquitectura e o urbanismo terán un especial protagonismo. Nesta edición haberá dous grupos:

NENOARQUITECTURA para nenos de 6 a 9 anos

É un taller intenso onde os nenos traballan en equipo seguindo a didáctica de sistema lupo dentro dun ambiente de xogo e coñecemento. Os diferentes retos propostos son precedidos dunhas sesións teóricas onde reflexionamos sobre temas vinculados coa arquitectura e o urbanismo que nos rodea ou aquel que nos resulta lonxano en tempo e espazo. A arquitectura histórica, as grandes civilizacións ou o futuro danse a man nun taller mestura de técnica e creatividade.


DES-PIEZA ou DESEÑO para nenos de 10 a 12 anos (ou alumnos de nenoarquitectura doutras edicións)

Des-pieza é un taller nivel avanzado onde os retos se fan máis complexos introducindo de xeito máis directo a visión en 3D. Incidiráse no debuxo como ferramenta de representación utilizando modelos lupo físicos e aplicacións informáticas de deseño e realidade aumentada.

  • Sábados de 11.30 a 14 horas – 3º trimestre dende o 11 de abril ao 13 de xuño (salvo festivos)
  • Prezo: 40€/trimestre. Os irmáns terán un desconto do 10%
  • Inscrición: na páxina web podedes descargar o formulario de inscrición: www.luisseoanefund.org
  • Para máis información podedes chamar ao teléfono 981 216 015 u escribir a info@luisseoanefund.org. 
  • Fundación Luis Seoane na Coruña Como chegar

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 

nenoarquitectura2014

[blockquote indent=”yes” ]Lupo é un sistema modular patentado polo arquitecto Fermín Blanco. Consiste nun set de pezas básicas con formas e dimensións proporcionais de modo que permiten gran cantidade de aparellos e combinacións. A orixe do sistema é o seu uso como instrumento didáctico, incluíndo o xogo como medio de aprendizaxe. [/blockquote]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.