Talleres en Langstrump

Canto nos gustan os talleres de Langstrump!

Taller de horticultura

Nesta ocasión pensaron nas plantas para ensinar aos nenos a sementar, a observar, a coidar as plantas e a trasplantarlas coas súas propias mans. En Langstrump estarán os rapaces de El Rincón Verde, una tienda da Coruña onde sempre resolven dúbidas sobre plantas, flores e horta. Esa que sempre colorea a rúa co verde de plantas e flores (xusto detrás do Palacio de Xustiza). Os nenos empregarán macetas, sementes e plantas.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Dirixido a: nenos a partir de 5 anos

16 de novembro | 12 horas

Prezo: 10€. Todo o material está incluído

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Taller Yo soy artista

Este mes a profe Lara Pintos… ven con Matisse! Yo soy artista pretende plantar unha semente na sensibilidade creativa e plástica dos nenos para facerlles sentir capaces de crear por eles mesmos, coa axuda dun referente artístico que reinterpretarán… Os nenos emularán ao artista francés Henri Matisse, famoso polas súas pinturas e os seus innovadores collages e traballarán con cartulinas de cores para compoñer figuras vitais e alegres como el o facía nos seus cuadros e murais: estrelas, plantas, paxaros, personaxes circenses…

Dirixido a: nenos de 5 a 10 anos

23 de novembro | 11.30 horas

Prezo: 12€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Figuras para os Reis Magos

Anaquiños de papel axudará aos nenos a decorar coas súas figuras a carta máis importante do ano. Beatriz e Cristina ensinarán aos nenos e nenas a converter  anaquiños de papel nos adornos máis bonitos para a carta das súas Maxestades.

Dirixido a:  nenos a partir de 5 anos

30 de novembro | 12 horas

Prezo: 12€. Todo o material está incluído

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

*É necesario reservar praza a través do mail hola@langstrump.es ou do teléfono 881 918 770.

Langstrump na Coruña Como chegar

 

 

Escribe un comentario