Taller de Paisaxe Sensorial en Santiago

Os días 21 e 22 de maio os nenos poderán participar no Taller de Paisaxe Sensorial no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago.

Está dirixido pola artista Mirari Urruzola que propón aos nenos viaxar por un mundo sensorial onde descubrir o pracer de apalpar, ulir, manipular, escoitar e ver detidamente. Os participantes dedicaranlle un tempo a tocar, fregar, acariñar, probar, degustar, asociar, clasificar e crear empregando criterios como a simetría, a analoxía, o contraste, a multiplicación, a superposición, a sonoridade, a beleza, o cheiro… Pasearán descalzos por un camiño táctil para sentir as texturas, recoñecerán os materiais a cegas en caixas compartimentadas, escoitarán os obxectos con estetoscopios ou recoñeceranos a través do olfacto e do gusto. Despois, entre todos e todas, farán unha gran composición aromatizada, sonora, táctil, saborosa e plástica.

  • Taller 1: 21 de maio | de 11 a 13 horas | *para nenos e nenas de 4 a 6 anos
  • Taller 2: 22 de maio | de 11 a 13 horas | *para nenos e nenas de 7 a 9 anos
  • Inscrición: os talleres son de balde, pero as prazas son limitadas. As solicitudes de inscrición poderán dirixirse ao enderezo electrónico cgac.educacion@xunta.es e deberán incluír os seguintes datos: nome completo e idade da persoa ou persoas participantes, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome do taller no que desexan inscribirse (Taller 1 ou Taller 2).

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.