Sorteo en Taller Abierto en Pontevedra

O sorteo xa finalizou!!

 

Taller Abierto en Pontevedra remata o ano cunha actividade creativa da man de Raquel Queizás“nas nubes”. Trátase dun taller creativo con actividades artísticas baseadas no espectáculo de contacontos.

 

Que ben se está nas nubes! Viaxaremos coa imaxinación en busca de contos que se agochan por todas partes. Exploraremos lugares perdidos habitados por seres misteriosos e descoñecidos. Pechade os ollos, alá imos…

 

talleres_tallerabierto

 

  • Dirixido a: nenos de 4 a 7 anos
  • 27 de decembro | de 11 a 13 horas
  • Prezo: 12€   *prazas limitadas
  • Inscrición: podedes inscribirvos a través do formulario da web: formulario de inscripción
  • Para máis información  podedes chamar ao teléfono 617 340 323 ou escribir a contacto@tallerabierto.info.
  • TALLER ABIERTO en Pontevedra Como chegar

[blockquote indent=”yes” ]Sorteo![/blockquote]

Gustaríavos participar nesta actividade? Grazas a Taller Abierto entre todos os que participedes no sorteo regalaremos 1 praza. É moi sinxelo conseguila, tedes que:

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook
  • Ser Seguidores de Taller Abierto en Facebook.
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes conseguir esta praza neste taller (incluíndo o voso nome e apelido) 

 

O sorteo comeza hoxe  12 de decembro e podedes participar ata o 22 de decembro. Comunicaremos o nome do gañador ou gañadora o 23 de decembro a través de mail, Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s!

 

MPORTANTE! Se despois de anunciar o nome do gañador ou gañadora e de comunicarllo por mail, non respondese, volveríamos a realizar de novo o sorteo da praza.

 

Sorte a tod@s!!!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.