Sorteo de entradas para Robin Hood

 

O sorteo xa rematou!!

 

Volve o teatro en inglés ao Teatro Colón da Coruña!! Teatro Colón programa tres representacións didácticas integramente en inglés, dirixidas a todas as idades, da man da compañía You Are The Story. Desta maneira búscase relacionar o estudo dunha lingua cun momento de ocio, diversión e entretemento.

O día 29 de xaneiro poderedes disfrutar da primeira das sesións: Robin Hood. A lenda de Robin Hook conta que un foraxido de bo corazón que vivía no Bosque de Sherwood, un hábil arqueiro que defendía a xustiza a calquera prezo. Neste musical convidámoste a que a orixe e a lenda dos primeiros pases do heroe ou que te unas á princesa Joanna para intentar darlle caza. De que bando estás?

  • Dirixido a: nenos de 1º a 4º de primaria
  • Duración: 50 minutos
  • 29 de xaneiro | 12 horas para colexios e 17 horas para todos os públicos
  • Prezo: 6€ (colexios) e 10€ (familias)
  • Teatro Colón da Coruña Como chegar

 


 

Sorteo!!

Non queremos que vos perdades a oportunidade de disfrutar desta obra de teatro en inglés así que sorteamos 2 entradas dobres para a función do día 29 de xaneiro ás 17 horas. Que tedes que facer? É moi sinxelo:

  • Ser seguidores de lamariola en Facebook e compartir o sorteo no voso muro. AQUÍ
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por qué queredes conseguir as entradas, deixando o voso nome e un apelido.

O sorteo comeza hoxe 20 de xaneiro e podedes participar ata o domingo día 25 de xaneiro. O luns 26 de xaneiro comunicaremos a través de Facebook e Twitter o nome dos gañadores e enviarémoslles un mail. Así que estade moi atentos!!

Sorte!!

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.