Sorteo de entradas para Pinocho

O sorteo rematou!!

 
 

O musical Pinocho estará no Centro Cultural Afundación de Vigo o vindeiro 13 de decembro. O espectáculo está basado no popular conto de Pinocho e nel conjúgase a maxia do circo, unha posta en escea sorprendente e a diversión do musical. O carpinteiro Geppetto é un humilde home que sempre desexara ter un fillo e un día ocórreselle a xenial idea de tallar unha marioneta de madeira coa forma dun neno de verdade. Antes de estar acabado, o títere cobra vida inesperadamente e convértese nun neno travieso e desobediente ao que Geppetto chama Pinocho.

Baixo a dirección de Gustavo Tambascio e cun equipo artístico de recoñecmento internacional composto por acróbatas, bailaríns, actores e cantantes, esta versión de Pinocho conxuga o formato dun gran musical coa ambientación e a posta en escea do circo, da man do humor e as aventuras do protagonista.

  • Dirixido a: nenos maiores de 3 anos
  • 13 de decembro | 17.30 horas 
  • Centro Cultural Afundación de Vigo Como chegar

 


 

Sorteo

Xa sabedes o que nos gustan os SORTEOS así que grazas ao Centro Cultural queremos regalarvos CINCO entradas dobres para que podades disfrutar deste lindo musical.

 Que tedes que facer para conseguilas? É moi sinxelo:

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook e compartilo no voso muro para que ninguén se quede sen participar!!
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes ir a ver este espectáculo (incluíndo o voso nome e un apelido).

 

O sorteo comeza hoxe 27 de novembro e podedes participar ata o 8 de decembro. Comunicaremos o nome do gañador o día 9 de decembro a través de Facebook, Twitter e mail… así que estade moi atent@s!

[highlight ]IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nome dos gañadores ou gañadoras e de comunicarllo por mail, non respondese as entradas pasarían aos suplentes por orde segundo o resultado do sorteo.[/highlight]

 

[blockquote indent=”yes” ]Sorte a todos!![/blockquote]

 

Escribe un comentario