Sorteo de entradas para O Gato con Botas

O sorteo xa rematou!!

 
 
OGatoconBotas

 

Os próximos 21 e 22 de novembro estará no Teatro Colón da Coruña O Gato con Botas. Un espectáculo que ten como base a estrea dunha partitura orixinal do compositor galego Rogelio Groba, no que se unen o Teatro Colón, a Orquestra de Cámara Galega, Theatron Teatro, Qatrogatos vídeo creación e CEGA audiovisuais. Unha super produción para público infantil que une a herdanza da tradición oral, a música clásica  e a vídeo creación.

 

  • Dirixido a: público infantil e familiar
  • Duración: 50 minutos
  • 21 de novembro | 19 horas
  • 22 de novembro | 12 horas

 

Xa sabedes o que nos gusta darvos as grazas por seguirnos cada día e ademais encántanos que podades disfrutar de todos os espectáculos en familia así que queremos sortear 2 entradas dobres, unha para cada un das funcións. Que tedes que facer para conseguilas? É moi sinxelo:

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook e compartilo para que ninguén se quede sen participar!!
  • Ser seguidores de Teatro Colón en Facebook
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por qué queredes ir a ver este espectáculo (incluíndo o voso nome e un apelido).

 

O sorteo comeza hoxe 11 de novembro e podedes participar ata o 17 de novembro. Comunicaremos o nome do gañador o día 18 de novembro a través de Facebook, Twitter e mail… así que estade moi atent@s!

[highlight ]IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nome do gañador e de comunicarllo por mail, non respondese as entradas pasarían aos suplentes por orde segundo o resultado do sorteo.[/highlight]

 

[blockquote indent=”yes” ]Sorte a todos!![/blockquote]

 
 

Escribe un comentario