Sorteo de entradas para O Avó

Avó é unha peza de teatro unipersoal onde o protagonista lembra todos os momentos, vivencias e ensinanzas que compartiu co seu avó, que xa non está…

Cando era pequeno, lembro que xogaba co meu pai os venres pola tarde, os sábados e os domingos; pasou un tempo e xogaba co meu pai os sábados e os domingos; pasou un tempo e só xogaba con el os domingos. Un domingo calquera atopei ao meu pai vestido para ir a traballar e dixen: ‘Que fas!. Hoxe é o día de xogar xuntos’. O meu pai miroume e contestoume –‘Es pequeno, non o entendes, se vou traballar é para poder ter máis cousas, para ter unha casa máis grande e para poder facer máis cousas xuntos’. ‘¡Facer máis cousas xuntos!, claro papá, se é para facer máis cousas xuntos, marcha, que eu estarei esperando”. Respondín. E estiven esperando polo meu pai…… pero non esperei só, sempre estivo ó meu carón o meu avó, o meu avó Secundino.

 

  • Dirixido a: nenos maiores de 4 anos
  • Duración: 60 minutos
  • 25 de abril | 12 horas
  • Prezo: 6-8€
  • Teatro Colón da Coruña Como chegar

 


 

 

Sorteo!!

O 25 de abril é a estrea desta obra no Teatro Colón e queremos que podades disfrutar dela así que sorteamos 2 entradas para a función. Que tedes que facer? É moi sinxelo:

  • Ser seguidores de lamariola en Facebook e compartir o sorteo no voso muro. AQUÍ
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por qué queredes conseguir as entradas, deixando o voso nome e un apelido.

O sorteo comeza hoxe 17 de abril e podedes participar ata o día 22 de abril. O 23 de abril comunicaremos a través de Facebook e Twitter o nome do gañador ou gañadora e enviarémoslle un mail. Así que estade moi atentos!!

Sorte!!

 

6 Comentarios

  1. O meu neno ten unha relación marabillosa co seu avó, sempre lle di que é o seu mellor amigo. ¡Non quero que perda esta obra!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.