Sorteo de entradas para Chequín

Chequín é un espectáculo do mago Paulino Gil, que interpreta a Leonardo, un máxico viaxeiro que chega ao Hotal Extravaganza onde o espera un singular recepcionista chamado Mirilla (interpretado por Julito Rapado), e alí comeza a súa aventura. Chequín, nome inspirado na expresión Check in que fai referencia ao rexistro de entrada nun hotel, neste caso entramos a un lugar no que o imposible se fará realidade.

É un espectáculo homoxéneo e dinámico no que o público participa de xeito activo. Tamén é unha obra cargada de expresividade e de guiños cómicos que atrapan ao público, utilizando como medio de comunicación o xesto en vez da palabra, unido a unha coidada banda musical, escenografía e coreografía.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • Duración: 60 minutos
  • 27 de setembro | 19 horas
  • Prezo: 7-10€  se comprades a entrada antes do 23 de setembro e 9-12€ a partir do 24 de setembro
  • Teatro Colón na Coruña Como chegar

 


 

Sorteo!!

O espectáculo Chequín estará o día 27 de setembro no Teatro Colón e non queremos que o perdades, así que sorteamos 2 entradas para disfrutalo. Que tedes que facer?

  • Ser seguidores de lamariola en Facebook e compartir o sorteo no voso muro. AQUÍ
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por qué queredes conseguir as entradas, deixando o voso nome e un apelido.

O sorteo comeza hoxe 16 de setembro e podedes participar ata o día 23 de setembro. O 24 de setembro comunicaremos a través de Facebook e Twitter o nome do gañador ou gañadora e enviarémoslle un mail. Así que estade moi atentos!!

Sorte!!

Escribe un comentario