O espectáculo Sons Miúdos chega esta fin de semana a Narón e Pontevedra. Unidos nun escenario Uxía deMaría Fumaça, Magín Blanco de A nena e o grilo, Pablo Díaz de Tic-Tac, Xoán Curiel de Estamos no verán, Paco Nogueiras con Brinca-vai e Gloria de Mamá Cabra, acompañados dos músicos Sergio Tannus, Pablo Vidal, Carlos Freire eJavier Constenla amosn a gran riqueza do panorama musical galego infantil actual.
Un espectáculo único conducido pola actriz Montse Piñón e o actor Pepablo Patiño, que irán fiando unha narración de xeito teatral para percorrer a historia da música galega infantil dos últimos 15 anos a medida que se vai tocando unha lista de cancións escollida entre o repertorio dos cantantes, tocada e cantada polos seus protagonistas.
CONCERTOS:
- 16 de abril | 17.30 horas | Pazo da Cultura de PONTEVEDRA *entradas desde 7€
- 17 de abril | 18 horas | Pazo da Cultura de NARÓN *entradas desde 9,5€ e 6,65€ (reducida)