Shops&More na Coruña

The Summer Market celébrase desde o 7 ao 14 de xuño na Coruña con propostas innovadoras onde o deseño, a arquitectura efímera, a decoración vintage industrial e as tendencias ofrecerán unha visión renovada do pequeno comercio. Trátase da quinta edición do xa consolidado Shops & More.

Tendas, deseñadores, artesáns e artistas decidiron unir forzas e compartir este espazo no que ademáis poderedes participar en talleres. Para os máis pequenos pensaron nun taller de manualidades impartido por Restauro A2 no que lles ensinarán a crear guirnaldas de flores e paxaros tropicais. Será o sábado 14 de xuño de 11.30 a 13.30h e de 17.30 a 19.30h.

Pero tamén haberá talleres para adultos:

  • Taller de estampación sobre madeira con MAOW studio & shop | 7 de xuño |  horas
  • Taller de sushi | 8 de xuño |  12 horas
  • Sesión vermout con música de Dj Brianda Fitz-James | 8 de xuño | 12.30 horas
  • Ven a decorar as túas uñas con Benails | 9 de xuño | 17 horas
  • Degustación de cafés a cargo de Pandelino | 11 de xuño | 11 horas
  • Showcooking a cargo de Árbore da Veira | 11 de xuño  | 19.30 horas
  • Taller de sushi | 12 de xuño |  19 horas

 

Shops & More é un grupo de persoas a quenes os une a paixón polo seu traballo. Estes son os participantes: Voglia Coruña, Mr.ce, Pandelino, La hija de la bailarina rusa, La fábrica del trapo, Dandelion, Lolita moda complementos, The nave, No sin Valentina, Blossan, Oko ópticas, Pure Surfing, MCloe, Liberia Formatos, Ana Vilaseco, Ron & GO, Mint and Persimmon e Madreselva Floristería.

cartel_shops&more

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.