Ourense celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha semana de actividades en diferentes puntos da cidade. Moitas das actividades están pensadas para disfrutar en familia da natureza dos nosos parques e ríos.
2 de xuño | de 18 a 20.30 horas | Obradoiro ReciclArte: Antía e a fada das mil sementes | Parque San Lázaro
3 de xuño |de 18 a 20.30 horas | Obradoiro Aprende a xogar en familia na natureza | Parque Anxelita Paradela
- Aprenderedes diferentes xogos, dinámicas, técnicas e obradoiros para facer cos nenos na natureza. E un amplo abano de actividades nas que demostrarán a importancia de xogar en familia na natureza
4 de xuño
- de 10.30 a 14 horas | Xincana de orientación Familias exploradoras | Saída do Parque Barbaña
- Recorreredes distintas zonas do municipio e traballaredes en equipo descubrindo rastros ocultos da natureza. Teredes que ir recopilando restos da natureza, diferentes tipos de follas, piñas, froitas do bosque, restos de animais… e de xeito sinxelo aprenderedes a identificar as especies vexetais e animais que podemos encontrar
- de 16.30 a 19 horas | Obradoiro Fotografía da Natureza | Parque Botánico de Montealegre
- Este obradoiro vai dirixido a todos aqueles afeccionados ou profesionais que queiran descrubrir o mundo da fotografía da natureza e aprender todo o que se precisa para obter fotografías de calidade da paisaxe e dos animais
5 de xuño
- de 9 a 13.30 horas | I Xornada de voluntariado ambiental polo río Miño | Saída do Pavillón dos Remedios
- Xornada na que voluntarios recorrerán as beiras do río Miño nas que se limpará o contorno, co obxectivo de concienciar da importancia de reducir a contaminación nos ecosistemas fluviais
- de 11.30 a 13.30 horas | Explora Montealegre | Parque Botánico de Montealegre
- O coñecemento das nosas árbores maís típicas será o fon dunha esta xornada de xogo na que os rapaces buscarán un tesouro polo parque. É necesaria inscripción na web www. botanicodemontealegre.com.
- de 18 a 20 horas | Explora Montealegre | Parque Botánico de Montealegre
- 17.30 e 19 horas | Teatro: El Cuento mágico da Compañía Blanca Marsillach | Auditorio Municipal de Ourense
- Obra de teatro para todos os públicos sobre temática de medio ambiente e reciclaxe.
- Entrada gratuito ata completar aforo